Reciclaxe

Aquí queremos falarte dalgunhas vantaxes que aporta o reciclado ao conxunto da sociedade. E é que esta actividade é moi positiva, polo que si todavía non o fas nos teus ámbitos cotidianos, a que estás esperando? 

1- Reciclar fomenta o consumo responsable:
Se non reciclas, como consecuencia, entre 5 e 13 millóns de toneladas de residuos plásticos, que ao final, termina nos océanos de todo o mundo.

2- Reciclar aforra recursos naturais:
Se reempregas un producto, aforras a mesma cantidade de material que se empregaría para fabricar un dende cero.

3- Aforra enerxía: 
Cando comezas a fabricación dun producto dende cero conleva un enorme gasto de enerxía, en cambio, se ese producto está feito de materiais reciclados, haberá procesos que se poderán omitir, e así aforrar enerxía.

4. Redúcese o volume de residuos sólidos:
Como xa sabemos, o feito de reciclar consiste en darlle un novo uso ás materias primas dun elemento que xa non ten ningún tipo de vida útil, para fabricar un dende cero, por iso, cando reciclamos, evitamos ter que usar materias primas novas, polo que reducimos o volume de residuos sólidos.

5. Axuda ao medio ambiente:
Cando reciclamos estamos aforrando enerxía, como xa comentei no punto 3, polo que evitamos producir gases de efecto invernadoiro, que, como xa sabemos, son perxudiciais para o noso planeta, e para o cambio cimático, que tan drásticamente está cambiando os ecosistemas que coñecemos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario