xoves, 7 de febreiro de 2019

A CAMISETA MÁIS SOSTENIBLE DO REAL MADRID


O Real Madrid foi a New York, onde estaba de pretemporada, para presentar a novidade de que a súa camiseta está feita por plásticos reciclados.Un xesto que contribúe á sostenibilidade e a reducir a crise do plástico nos mares.


A camiseta fabricouse coa colaboración de "Parley For The Oceans", que se dedica a prover á protección dos océanos e reducir a cantidade de plásticos nas augas do planeta. E seguindo coa temática oceánica ,a cor principal da equipación é o coral, unha das especies mariñas ameazadas pola contaminación e o cambio climático.

O equipo estrenou a camiseta no partido contra a Roma , que se xogou en Nova Jersey, pero antes do partido xa póidose ver da man de varios xogadores do Real Madrid. Concretamente, Gareth Bale, Toni Kroos, Karim Benzema e Nacho Fernández.









Ningún comentario:

Publicar un comentario